Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2001 pola que se aproba a relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Arbo (Pontevedra).

Aprobado definitivamente polo Concello de Arbo en sesión plenaria que tivo lugar o 29 de outubro de 2000, o Plan parcial do parque empresarial de Arbo (Pontevedra), que segundo o disposto no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, e no artigo 54 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, implica a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos terreos e edificacións correspondentes para os efectos de expropiación forzosa.

Sometida a información durante 15 días a relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que

se precisan ocupar para a execución do Plan parcial do parque empresarial de Arbo, e non presentándose alegacións, de acordo co artigo 199 do Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aprobou o Regulamento de xestión urbanística, en relación cos artigos 17 e seguintes da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954,

RESOLVO:

Aproba-la seguinte relación de propietarios, bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Plan parcial do parque empresarial de Arbo.

Expediente:1.

Propietario: comunidade de montes de Barcela.

Polígono: 22.

Parcela: 200, 223, 228, 231, 232.

Superficie: 65.345 m (monte).

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2001.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e

Solo