Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso, da asistencia técnica que se cita.

Estudio de solucións para a estabilización da canle de entrada da ría de Foz, Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número de expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: estudio de solucións para estabilización da canle de entrada da ría de Foz, Lugo.

b) División por lotes:

c) Lugar de execución: Foz.

d) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 16.500.000 pesetas (99.166,11 euros).

5. Garantías.

Provisional: 330.000 pesetas (1.983,34 euros).

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.

d) Teléfono: 981 54 53 22.

e) Telefax: 981 58 45 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=709.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 12 horas do día 19 de outubro de 2001.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación.

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

b) Domicilio: Área Central.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

a) Este anuncio enviouse o día 28 de agosto de 2001 ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas para a súa publicación.

b) A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia