Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno Municipal, en sesión que tivo lugar o día 24 de agosto de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e os estatutos presentados pola Comisión Xestora do Sector 7 Recinto Feiral do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente, coa seguinte modificación:

Base 3ª, punto 2, parágrafo 2º.

A determinación de superficies efectuarase conforme o que resulte dos títulos de propiedade, prevalecendo, en caso de discordancia entre estes e a realidade física, esta sobre aqueles.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente ós que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir da notificación, mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente

segundo modelo oficial que se achega, facultando a comisión xestora e, no seu nome, a César Pérez Maldonado como secretario dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Advertirlle á comisión xestora que, unha vez rematado o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, se deberá proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta a Carlos Hernández López, xefe de xestión no Servicio de Urbanismo.

Sexto.-Requirir da comisión xestora e, no seu nome, de César Pérez Maldonado, que ingrese na Caixa Municipal, en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, a cantidade de dous millóns trescentas oitenta e seis mil trescentas noventa (2.386.390) pesetas, advertíndolle que sen a xustificación do ingreso da dita cantidade non se poderá aproba-lo proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa e, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

Esta publicación producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para aqueles supostos de interesados ós que non poida serlles practicada a notificación persoal.

Comunícase, así mesmo, que á solicitude de adhesión á xunta de compensación terán que lle xunta-los títulos que posúan e declara-las situacións xurídicas que afectan os seus predios.

No caso dos titulares dun dereito de arrendamento ou algún outro sobre un inmoble, requíreselles que no prazo dun mes presenten ante a comisión xestora, con domicilio na avda. de Alfonso Molina nº 5, baixo exterior, teléfono: 981 15 04 88, ou ante o concello a documentación xustificativa de tal dereito.

A Coruña, 4 de setembro de 2001.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda