Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.548

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de setembro de 2001 pola que se resolve o concurso de méritos para cubrir postos de asesores e/ou asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado.

Por Orde do 30 de marzo de 2001 (DOG do 16 de abril) convocábase concurso de méritos para cubrir postos de asesores e/ou asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado. Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional para reclamacións, e de acordo coa proposta efectuada pola comisión de selección prevista no punto 1º do artigo 6 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primero.-Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas indicadas, os funcionarios e funcionarias docentes que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Esta comisión de servicios será polo período que se especifica no artigo 11, punto 2º, da orde de convocatoria.

Tercero.-Declarar vacantes as prazas que figuran no anexo II.

Cuarto.-Os funcionarios e funcionarias docentes seleccionados por esta orde quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2001.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Postos de asesores e/ou asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado

Concursante seleccionadoAsesoría adxudicada

Amigo Tejedor, MelisaLingua francesa

Enríquez Echevarría, Miguel A.Ciencias sociais

Fernández García, Rosa MªMúsica e danza

Germiñas Miguéns, MarinaMatemáticas

Jorge Martín, Mª CarmenEducación primaria

Seoane Martínez, Mª NievesLingua castelá

Serrallé Marzoa, J. FranciscoFísica e química

ANEXO II

Vacantes de asesores e/ou asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado

Asesoría de Nº prazas

Debuxo e educación plástica e visual1

Filosofía1

Tecnoloxía1