Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.547

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de setembro de 2001 pola que se resolve o concurso público de méritos para cubrir determinados postos en réxime de comisión de servicios, por funcionarios docentes de ensino non universitario.

A Orde do 21 de maio de 2001 (DOG do 5 de xuño) convocaba concurso público de méritos para cubrir determinados postos en réxime de comisión de servicios, por funcionarios docentes de ensino non universitario.

Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional e pola resolución definitiva, e tras teren superado positivamente os aspirantes o curso selectivo de formación de acordo coa proposta efectuada pola comisión de selección prevista no artigo 10 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas indicadas, os profesores que se relacionan no anexo desta orde, onde tamén se especifican as prazas que non foron cubertas polos aspirantes e que, polo tanto, quedan vacantes.

Segundo.-Esta comisión de servicios terá unha duración segundo o período que se especifica no artigo 11.2º da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no

prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Cuarto.-Os funcionarios ou funcionarias seleccionados por esta orde quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2001.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Denominación das prazas e relación das vacantes

Denominación das prazasNº de prazasConcursantes seleccionados

Desenvolvemento curricular de ciclos formativos e deActividades físicas e deportivas; comunicación, imaxe e son; servicios socioculturais e á comunidade1Vacante

programas de garantía socialHostalería e turismo; actividades agrarias; industrias alimentarias; imaxe persoal; química; sanidade; vidro e cerámica1Guerra Fernández, Manuel

Edificación e obra civil; madeira e moble1Vacante

Actividades marítimo-pesqueiras; fabricación mecánica; mantemento de vehículos autopropulsados; mantemento e servicios á producción, electricidade e electrónica1Vacante

Artes gráficas; téxtil, confección e pel1Vacante

Administración; comercio e márketing; informática1Vacante

Artes plásticas e deseño1Vacante

Análise e deseño curricular1Vacante

Programas educativos europeos1Fraga Lago, Blanca

Formación e centros de traballo1Fernández García, José Antonio