Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.547

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de setembro de 2001 pola que se resolve o concurso público de méritos para cubrir postos de asesores e/ou asesoras de formación nos centros de formación e recursos.

Pola Orde do 30 de marzo de 2001 (DOG do 16 de abril) convocábase concurso público de méritos para a provisión de prazas de asesores e/ou asesoras de formación nos centros de formación e recursos e nas súas seccións. Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional para reclamacións, e de acordo coa proposta efectuada pola comisión de selección prevista no artigo 6 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas indicadas, os profesores que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Esta comisión de servicios será polo período que se especifica o artigo 11.2º da orde de convocatoria.

Terceiro.-Declarar vacantes as prazas que figuran no anexo II.

Cuarto.-Os funcionarios e funcionarias docentes seleccionados por esta orde quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2001.

Quinto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Postos de asesores e/ou asesoras dos centros

de formación e recursos e das súas seccións

Centro de formación

e recursos

Asesorías xerais

Asesorías de tecnoloxías

da comunicación

e da información

A Coruña Maqueda Blasco, Mª Ascensión
-Sección de Carballo Vázquez Parcero, Alfonso
-Sección de Cee Vázquez Freire, Mª Rosario

Centro de formación

e recursos

Asesorías xerais

Asesorías de tecnoloxías

da comunicación

e da información

Santiago de Compostela Sampedro Martínez, Pilar
-Sección de Melide Conde Iglesias, Camilo
-Sección de Noia Barreiro Cebey, José Luis

Ferrol

-Sección de Ortigueira

Souto Lorenzo, Mª Josefa

Lugo Vázquez López, José LuisFernández Souto, José Luis
-Sección de Burela Cañizal Cuadrado, Mª Fuensanta

Ourense

-Sección de Verín

Rodríguez Sández, Eladio

Pontevedra Abelleira Bardanca, Mª Ángeles
-Sección de Lalín Cepeda Regueiro, Jorge
-Sección de Vilagarcía

de Arousa

Fontenla Aragunde, Juan Manuel

Vigo Huerta Anta, Manuel

ANEXO II

Vacantes de asesores e/ou asesoras dos centros

de formación e recursos e das súas seccións

Centro de formación

e recursos

Asesorías xerais

Asesorías de tecnoloxías

da comunicación

e da información

A Coruña
-Sección de Cee 1

Lugo
-Sección de Monforte de Lemos 1

Ourense
-Sección de Verín 1

Pontevedra 11

Vigo 1