Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.540

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XEITEIRAS, S. COOP. GALEGA

ANUNCIO.

Na asemblea xeral de socias de Xeiteiras, S. Coop. Galega, que tivo lugar o día 10 de agosto de 2001, de acordo co establecido nos estatutos e na Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, como consecuencia das contribucións de catro novas socias e co voto favorable da totalidade das socias, acordouse a ampliación do capital social ata a cantidade total de catro millóns novecentas mil pesetas, polo que a ampliación é de dous millóns oitocentas mil pesetas.

Rianxo, 10 de agosto de 2001.

O consello rector

Rubricado