Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.540

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 17 de agosto de 2001, da Dependencia de Recadación da Coruña, de notificación de providencias de constrinximento.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítanse os interesados que figuran neste anuncio, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pasen a retirar, persoalmente ou mediante representante, as notificacións correspondentes na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita na rúa Comandante Fontanes, 10, 15003 A Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: Ferreiro Distribución, S.A.

NIF: 15126337-A.

Procedemento: administrativo de constrinximento (recadatorio).

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación. Delegación Especial da AEAT en Galicia, r/ Comandante Fontanes, 10-5º (A Coruña).

Interesado: Leitenova, S.L.

NIF: 15517287-B.

Procedemento: administrativo de constrinximento (recadatorio).

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación. Delegación Especial da AEAT en Galicia, r/ Comandante Fontanes, 10-5º (A Coruña).

A Coruña, 17 de agosto de 2001.

Beatriz Fernández Puga

Xefa da Dependencia Rexional de Recadación

en funcións