O prego de condicións e demais documentación poderán ser examinados nas oficinas de Xestur A Coruña, sitas na Ronda de Nelle nº 12 bis-1º da Coruña, das 10 ás 14 horas, de luns a venres.
O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso é de quince días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo facerse a presentación nas ditas oficinas ata as 14 horas do último día do prazo ou o inmediato hábil seguinte se aquel cadra en sábado, domingo ou festivo.
A Coruña, 14 de setembro de 2001.
Antonio Gómez Vázquez
Xerente de Xestur A Coruña