Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a declaración de impacto ambiental do 21 de agosto de 2001 do proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU de Cospeito (Lugo), promovido polo Concello de Cospeito e pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental.

Antecedentes:

A Ley 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, estipula que os proxectos, públicos ou privados, consistentes na realización de obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo II, deberán

someterse a unha avaliación de impacto ambiental cando así o decida o órgano ambiental en cada caso.

Á vista das características do proxecto, e con data 1 de xuño de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cualificou o proxecto como sometido a avaliación de impacto ambiental.

O proxecto ten como obxecto a clausura e selaxe do vertedoiro situado na comarca da Terra Chá, no concello de Cospeito, a uns 2,5 quilómetros do núcleo de poboación.

O vertedoiro está localizado nunha parcela de 8.600 m de superficie, cun muro de bloques de formigón como cerramento perimetral, que non restrinxe o acceso ó lugar que ocupa. No seu extremo oeste limita coa fronte de explotación dunha canteira de áridos cun noiro case vertical. Os residuos atópanse dispostos en áreas formando moreas sobre a superficie do terreo, estimándose o volume ocupado nuns 8.530 m.

No contorno da zona do proxecto predominan as zonas de superficies arboradas con especies forestais. As especies predominantes son o piñeiro (Pinus pinaster, Pinus sylvestris, Pinus insignis e Pinus laricio), e o carballo (Quercus robur), distribuído entre zonas de mato de toxo, breixo, codeso, carqueixa e toxo, con ou sen arborado. Asemade existen parcelas de pradería en regadío, tanto natural como sementadas, constituídas por especies vivaces, gramíneas e leguminosas. Tamén existen extensións relativamente importantes de cultivo intensivo.

O conxunto de obras que se van realizar inclúe as seguintes actuacións:

* Acondicionamento e selaxe.

* Recollida e control de lixiviados.

* Recollida e control de aguas de escorrega superficial.

* Control e extracción de gases.

* Control de acceso.

* Revexetación e recuperación paisaxística.

Na rexeneración proponse realizar unha sementeira de herbáceas e arbustivas coas seguintes especies: Dactylis glomerata (15% dactilo), Bromus inermis (5% bromo), Lolium perenne (5% xoio), Festuca rubra (15% festuca encarnada), Festuca arundinacea (10% festuca), Lotus corniculatus (10% loto), Trifolium repens (10% trevo branco), Trifolium subterranum (15% trevo subterráneo) e un 15 % de arbustivas: Erica arborea (breixo), Calluna vulgaris (breixo), Cytisus scoparius (xesta).

No anexo I resúmese a situación actual e a prevista trala execución do proxecto, ademais das medidas preventivas e correctoras previstas no estudio ambiental presentado.

O estudio ambiental do proxecto de clausura do vertedoiro de Cospeito someteuse ó trámite de información pública, polo prazo de 30 días, mediante

Resolución do 15 de xuño de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 131, do 6 de xullo. O certificado de exposición pública na delegación da Consellería de Medio Ambiente en Lugo recíbese con data 13 de agosto de 2001, non tendo constancia da presentación de alegacións.

Con data 19 de xuño de 2001 consúltase a Dirección Xeral de Saúde Pública. Non tendo constancia da emisión deste informe no prazo legalmente establecido, e á vista do tempo transcorrido, procede prosegui-la tramitación de conformidade co artigo 83 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Realizada a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formula para os únicos efectos ambientais a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de clausura, selaxe e rexeneración do vertedoiro de Cospeito (Lugo), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o concello de Cospeito.

O órgano substantivo e ambiental para este proxecto é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No cumprimento das condicións desta DIA terase en conta que, segundo o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Concello de Cospeito, a obriga de asumi-lo mantemento e conservación das obras unha vez recibidas será do Concello de Cospeito. Durante a fase de obras, esta obriga recaerá na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental:

Examinado o documento «Proxecto de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de Cospeito. Xullo 2000» e tendo en conta o carácter de corrección ambiental das obras, estímase a necesidade de realiza-lo proxecto.

Nembargantes, coa finalidade de optimizar estas medidas e co obxecto de minimiza-las posibles afeccións ambientais negativas, deberanse aplicar ademais das medidas que se propoñen no proxecto, as recollidas na presente declaración de impacto ambiental, todo isto para cumprir co disposto na Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

No caso de que exista contradicción entre o establecido na documentación avaliada e a presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Condicionado:

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración de impacto ambiental refírese en exclusiva ó proxecto de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de Cospeito.

2. Sobre o nivel sonoro ambiental.

Aplicarase o disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acús

tica (DOG do 20 de agosto), así como o estipulado, se é o caso, pola ordenanza municipal ó respecto.

3. Sobre a calidade do aire.

A maquinaria utilizada na obra cumprirá coa normativa de emisións de aplicación, debendo dispor de documentación acreditativa ó respecto.

Durante a adecuación da masa de residuos, consideraranse as condicións metereolóxicas, evitando a remoción de residuos en presencia de vento, alta temperatura ou elevada pluviosidade.

Trala finalización das obras vixiarase que as emisións no pozo de extracción de biogás non sexan percibidas de forma habitual polas poboacións do contorno e, se é o caso, recollerase este gas e procederase a queimalo.

4. Sobre as augas.

Para o vertido de efluentes, será preceptiva a autorización administrativa outorgada polo correspondente organismo de conca.

Terase en conta na execución dos movementos de terras e residuos que non se impida o libre fluxo de auga, evitando a formación de anegamentos ou doutras formas que dificulten a súa circulación.

Os lixiviados acumulados na balsa durante o mantemento posterior á clausura retiraranse cando se acade como máximo as 3/4 partes da súa capacidade e serán entregados a xestor autorizado, para o seu traslado ata a estación depuradora de augas residuais de Vilalba.

Garantirase o adecuado tratamento das augas residuais xeradas nos servicios hixiénicos.

As augas de escorrega superficial conduciranse a través das canles de intercepción proxectadas, incorporándose ó medio sen producir fenómenos erosivos mediante a colocación, se é o caso, de elementos disipadores de enerxía nos puntos de vertedura. Adoptaranse ademais as medidas que garantan que no punto de incorporación ó medio non se producen asolagamentos.

Realizaranse periodicamente labores de mantemento, co fin de asegura-lo correcto funcionamento dos sistemas de drenaxe de augas pluviais e de lixiviados.

As reparacións e cambios de aceite da maquinaria móbil realizaranse en talleres autorizados.

5. Sobre o solo.

De maneira previa ó comezo efectivo das obras, procederase a delimita-lo terreo afectado por estas, de maneira que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio e restrinxíndose o movemento da maquinaria ás zonas destinadas para o efecto.

Queda expresamente prohibido depositar calquera tipo de residuo fóra da superficie delimitada para o vertedoiro.

Os materiais sobrantes de escavacións, os residuos da obra e calquera outro elemento contaminante xestionaranse de acordo coa súa natureza e coa lexislación vixente. Os residuos almacenados temporalmente á espera da súa entrega a xestor autorizado deberán poñerse en contedores localizados nun lugar debidamente sinalizado.

Os materiais precisos para a adecuación e selaxe do vertedoiro deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada.

6. Sobre a restauración.

A mestura de sementes para utilizar na revexetación deberá estar formada por especies presentes na zona.

A dose que se vai empregar, tal e como se recolle no proxecto será de 50 g de sementes/m.

Ata asegura-la viabilidade da sementeira, procederase á rega regular e á fertilización mineral de reforzo anual, e á resementeira das superficies nas que se aprecie a presencia de calvas.

7. Sobre a protección e control de accesos.

Adoptaranse as medidas precisas para evita-la aparición de focos de vertedura, tanto na fase de adecuación e selaxe como na fase posclausura.

O peche perimetral deberá asegura-la súa función en todo momento.

8. Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir, ó longo do tempo, o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración. Así mesmo, este programa permitirá detectar e cuantificar diferentes alteracións que non se puidesen prever na avaliación do proxecto, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Este programa ten como obxectivo incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. Tódolos controis realizados no seguimento, así como tódolas incidencias que se produzan, rexistraranse no momento da súa avaliación nun libro-rexistro que estará á disposición da administración competente. Estes rexistros deberán considerarse na elaboración dos informes que se vaian remitir a esta dirección xeral.

As analíticas para realizar serán efectuadas por laboratorio homologado segundo métodos oficiais de análise. Este laboratorio deberá realizar tamén a toma de mostras.

A documentación indicada a continuación deberá presentarse por duplicado perante esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8.1. Informe final de obras.

Presentarase antes dun (1) mes desde o remate dos traballos, comprendendo, como mínimo os seguintes elementos:

a) Data de finalización das obras.

b) Plano en planta a escala 1:250 dotado de coordenadas UTM, no que se localicen os elementos construídos e as zonas onde se realizaron medidas protectoras ou correctoras, así como a localización exacta dos dispositivos de control. Este plano acompañarase de relación de coordenadas UTM que defina o perímetro da parcela.

c) Reportaxe fotográfica da zona, que reflicta o estado final do lugar. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

d) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados durante a obra, que non puideran ser obxecto de depósito no vertedoiro.

e) Definición de imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, así como memoria das medidas adoptadas para o control de acceso e vertedura. Así mesmo, definirase o responsable do control ambiental requirido no punto 9.2 desta declaración.

8.2. Informe de seguimento ambiental.

Presentarase con periodicidade semestral, contando desde o final das obras e ata que esta dirección xeral informe da súa finalización. O seu contido será o indicado no anexo 10. Plan de seguimento e control ambiental do proxecto, debendo incluír ademais a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da entrega dos lixiviados a xestor autorizado.

b) Reportaxe fotográfica da superficie selada e revexetada, das zonas nas que quedaron implantados os diversos elementos, do peche perimetral e da eficacia do sistema de disuasión de verteduras. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

Se durante o período de control posclausura se producise unha variación significativa na calidade das augas superficiais ou nos lixiviados, ou un incremento importante na producción destes últimos, deberá notificarse inmediatamente a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por proposta motivada da entidade encargada do mantemento e control posclausura, ou á vista dos resultados obtidos, poderá modifica-la lista dos parámetros que hai que controlar, así como a frecuencia dos controis que hai que realizar.

9. Condicións adicionais.

9.1. O Concello de Cospeito poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co

obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no desenvolvemento da actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, efectuarase a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando a documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Estas solicitudes remitiranse nun prazo máximo dun (1) mes despois de ser notificada a presente declaración. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle ó concello o acordo adoptado.

9.2. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o antedito concello deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9.3. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

9.4. Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, a Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental poderá paralizar cautelarmente a obra ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que sexan corrixidas.

9.5. Esta dirección xeral, por iniciativa propia poderá dictar en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da fase posterior, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

9.6. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial, das condicións impostas nesta DIA, poderán ser causa suficiente para proceder a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

9.7. A presente resolución adoptada por esta dirección xeral non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificala, incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.

9.8. Cumpriranse tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO

Resumo do proxecto

Localización e descrición do vertedoiro:

LocalizaciónConcello de Cospeito

Superficie da parcela8.600 m

Superficie ocupada por residuos6.450 m

Superficie que se vai selar6.125 m

Volume de residuos actual8.350 m

Volume de residuos que se vai selar8.350 m + 4.800 m

Tipos de residuosRSU

Tipo de vertedoiroEn superficie

Situación actual e situación prevista coa realización do proxecto:

Situación actualProxecto

LixiviadosFondo impermeabilizadoNon, terreo naturalNon, terreo natural

Drenes lixiviadosNonSi

Captación de lixiviadosNonSi

TratamentoNonSi, recollida en balsa e traslado á EDAR de Vilalba

GasesDrenesNonSi

CaptaciónNon1 pozo

TratamentoNonNon, captación pasiva

PluviaisFoxos de recollida perimetralNonSi

Punto de verteduraNonEntre o vertedoiro e a estrada municipal

CubertaLámina/Capa impermeableNonSi

Terra vexetalNonSi

VexetaciónNonSi

EstabilidadeEstabilidadeSiSi

AccesosPosibilidade de accesoSiNon

Vixilancia ambientalPlan de vixilancia ambientalNonSi

Compoñentes do sistema de selaxe:

Superficie do vertedoiro

Capa de acondicionamento20 cm de solo de préstamo

Protección da capa de impermeabilizaciónXeotéxtil antipunzamento de 200 g/m

Capa de impermeabilización50 cm arxila

Capa de drenaxe30 cm de area e grava

Protección da capa de drenaxeXeotéxtil antipunzamento de 200 g/m

Capa de cobertura40 cm de solo seleccionado e 30 cm de terra vexetal

Resumo das medidas preventivas e correctoras:

* Humectación (rega) de viais de acceso e zonas de manobra, a fin de minimiza-las emisións de po.

* O control das operacións de escavación e movementos de terras (préstamo, reperfilado) co fin de minimizar no posible a emisión de gases de vertedoiro e a dispersión de residuos. Prestarase especial atención a suprimir riscos de explosión ou auto

combustión nos residuos debido ás operacións de recolocación dos residuos.

* O control dos niveis de ruído xerados polos distintos focos.

* O control da estabilidade das zonas seladas (asentamentos).

* Seguimento do programa de calidade.

* Vixiarase o cumprimento do Plan de Seguridade e Saúde.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental