Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Gandeiros da Ribeira Sacra.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depo

sitados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Gandeiros da Ribeira Sacra que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: interprovincial (Lugo e Ourense).

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas, titulares ou arrendatarios dunha explotación gandeira, que desenvolvan a súa actividade profesional nos municipios da comarca da Ribeira Sacra.

Asinan a acta de constitución: Manuel Seoane Rodríguez e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais