Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Industrias Técnicas Galegas de Audio (Aitega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Industrias Técnicas Galegas de Audio (Aitega) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os empresarios de audio e dobraxe que desenvolvan a súa actividade profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Francisco Rey García en representación da entidade Cinema Iberolusa, S.L. e tres persoas máis representando a outras tantas entidades.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais