Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Federación Empresarial Gallega de Talleres de Reparación de Vehículos (Fegat).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 5 de xullo de 2001, certificación expedida polo secretario da referida federación, José Ramón de la Fuente Brea, na que se recollen os acordos acadados pola asemblea xeral, na súa reunión celebrada en Santiago de Compostela o día 24 de marzo de 2001, e que se concretan nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais