Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións do parque eólico denominado Ameixeiras-Testeiros. (Expediente 00/3-0 EOL).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións do parque eólico Ameixeiras-Testeiros, con 75 aeroxeradores de potencia unitaria 660 kW, potencia total 49,50 MW, sito nos termos municipais de Lalín e O Irixo (expediente 00/3-0 EOL), por resolución da Consellería de Industria e Comercio do 26 de xuño de 2001, a favor da entidade beneficiaria Gamesa Energía, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na avenida do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta delegación acorda sinala-lo día 3 de outubro de 2001 no Concello de Lalín, como punto de reunión previo sen prexuízo de se desprazar posteriormente ó terreo para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables que son obxecto de expropiación forzosa, servidumes permanentes de paso e ocupación temporal por obras, contidos na relación de predios que se xunta e se expón con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Lalín, deducida da resolución da Dirección Xeral de Industria do 29 de maio de 2000, que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 22 de xuño de 2000; actos ós que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselle-la data e hora do levantamento efectivo das actas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

Pontevedra, 7 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Relación de predios que se van expropiarP.E. Ameixeiras-Testeiros

PropietarioSuperficie afección

Predio nºNome e apelidosEnderezoPol.Par.(S.E.)(S.P.)(S.V.)(P.E.)(O.T.)

34Ramón Acevedo GuerraZobra, nº 40-Zobra

36519 Lalín (Pontevedra)

----2.759,74 m--1.403,18 m11.992,14 m--

36Jesús Acevedo GuerraZobra, nº 41-Zobra

36519 Lalín (Pontevedra)

----0 m--0 m2.397,22 m--

PropietarioSuperficie afección

Predio nºNome e apelidosEnderezoPol.Par.(S.E.)(S.P.)(S.V.)(P.E.)(O.T.)

40Jesús Acevedo GuerraZobra, nº 41-Zobra

36519 Lalín (Pontevedra)

----42,07 m--0 m496,90 m--

44Manuel Dobarro CrespoR/ Ramón Aller, nº 34-1º

36500 Lalín (Pontevedra)

----111,87 m--0 m226,06 m--

45Ramón Acevedo GuerraZobra, nº 40-Zobra

36519 Lalín (Pontevedra)

----118,10 m--0 m208,04 m--

55Ramón Acevedo GuerraZobra, nº 40-Zobra

36519 Lalín (Pontevedra)

----11,24 m--0 m215,83 m--

71Jesús Acevedo GuerraZobra, nº 41-Zobra

36519 Lalín (Pontevedra)

----19,58 m--0 m468,7 m--

75Ramón Acevedo GuerraZobra, nº 40-Zobra

36519 Lalín (Pontevedra)

----100,87 m--171,29 m2.135,68 m--

79Ramón Acevedo GuerraZobra, nº 40-Zobra

36519 Lalín (Pontevedra)

----381,71 m--466,92 m1.250,24 m--

83Ramón Acevedo GuerraZobra, nº 40-Zobra

36519 Lalín (Pontevedra)

----663,53 m--204,06 m988,72 m--

84Manuela Dobarro AcevedoZobra, nº 40-Zobra

36519 Lalín (Pontevedra)

----639,06 m--19,32 m1.289,01 m--

89Monte dos veciños de Moa

Pedáneo : José Moa Gulias

Moa, nº 21-Vilatuxe

36519 Lalín (Pontevedra)

----15.800,36 m--5.474,34 m68.010,27 m--