Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

Con data do 25 de xuño de 2001, o alcalde do Concello de Mos aprobou o estudio de detalle en Puxeiros por instancia da entidade Prodalca, S.L. En cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese o expediente a exposición pública por un prazo dun mes mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, taboleiro de edictos do concello e nun dos xornais da maior circulación da provincia.

Mos, 25 de xuño de 2001.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde