Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO da contratación, polo sistema de procedemento aberto por concurso urxente, da asistencia técnica da inspección e actualización da matrícula do imposto sobre actividades económicas (IAE), no Concello de Mos.

1. Obxecto do contrato.

O obxecto do contrato é o asesoramento técnico e apoio para o levantamento das dilixencias previas de constancia de feitos no imposto sobre actividades económicas.

2. Procedemento de contratación.

O procedemento de contratación será o de concurso aberto (segundo o prevido nos artigos 73, 74 e 208 da LCAP), trámite de urxencia.

3. Presentación de proposicións.

As persoas ou empresas interesadas formularán por escrito as súas proposicións e entregaranas con anterioridade ó termo do prazo de oito días naturais computados desde o seguinte ó da derradeira publicación do corrrespondente anuncio de licitación no BOP ou DOG, no rexistro xeral do Concello de Mos, calquera día hábil de 9.30 a 13.30 horas; se o último día do prazo coincide en sábado ou inhábil o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

A proposición constará de dous sobres distintos que se identificarán segundo o seguinte literal:

Sobre A: documentación para contratación de asistencia técnica na inspección do imposto sobre actividades económicas, do Concello de Mos polo sistema de procedemento aberto por concurso.

Sobre B: proposición para a contratación de asistencia técnica na inspección do imposto sobre actividades económicas do Concello de Mos, polo sistema de procedemento aberto por concurso.

4. Criterios de valoración.

A adxudicación do contrato realizarase sobre a base dos criterios que a continuación se detallan.

-Memoria explicativa do plan de inspección: ata 10 puntos.

Deberase describir pormenorizadamente unha memoria ou plan de inspección, o persoal dedicado ó labor inspector, os medios e organización, así como as melloras que se ofrezan sobre o obxecto do contrato.

-Experiencia do persoal (que vaia realiza-la comprobación e inspección tributaria do IAE) en servicios de asistencia técnica, en labores inspectores efectivos: ata 7 puntos a criterio da mesa de contratación.

-Prezo: ata 6 puntos en función da oferta económica realizada.

-Traballos realizados pola persoa física ou xurídica en servicios de asesoramento técnico na inspección e comprobación do IAE no ámbito da provincia de Pontevedra: ata 5 puntos.

-Formación académica do persoal asignado ó labor inspector: sumaranse tódolos puntos e dividirase polo número de persoas dedicadas á inspección sendo o resultado deste a puntuación correspondente. A formación do persoal valorarase:

-Titulado superior: 6 puntos.

-Diplomado: 4 puntos.

-Administrativo ou FP: 2 puntos.

(Ata 4 puntos como máximo)

-Libros e publicacións relacionados co obxecto do contrato realizados polo persoal efectivamente dedicado á inspección: ata 3 puntos, a mesa de contratación valorará discrecionalmente ante as publicacións que se presenten.

-Menor prazo para o comezo da execución do obxecto do contrato: ata 2 puntos.

5. Garantía definitiva.

O adxudicatario deberá acreditar, no prazo máximo de quince días hábiles contados dende a notificación da adxudicación do contrato, a constitución na caixa deste concello dunha garantía definitiva por importe dun millón (1.000.000) de pesetas, preferentemente en metálico ou, se é o caso, en calquera das formas admitidas no artigo 36 da LCAP.

6. Prezo e forma de pagamento.

Os licitadores formularán oferta económica (á baixa) de prezo pola execución deste traballo de acordo co establecido nos artigos 85 a) e 202.2º da LCAP, o prezo citado consistirá nunha porcentaxe nun superior ó 25 por 100 (IVE incluído) do importe das contías netas efectivas e definitivamente recadadas polo ORAL en entregadas ó Concello de Mos por cada liquidación tributaria derivada dos expedientes de inspección do IAE.

O importe farase efectivo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da entrada na tesorería municipal do recadado polo ORAL e correspondente ós traballos de inspección.

O prezo do contrato será o que resulte da súa adxudicación, sen que sexa de aplicación ningunha fórmula de revisión deste.

7. Outra información.

Para maior información dirixirse ó Servicio de Intervención do Concello de Mos.

Mos, 6 de agosto de 2001.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde