Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LEIRO

EDICTO.

No BOP de Ourense nº 208, do 10 de setembro de 2001, publícase edicto deste concello polo que se anuncia concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia, para a adxudicación da seguinte obra:

Denominación: sinalización turística e monumental no concello.

Orzamento de licitación: 6.000.000 de pesetas.

Garantía provisional: 120.000 pesetas.

Prazo de execución: 3 meses.

O prazo de presentación de proposicións é de 13 días naturais, contados a partir da publicación deste anuncio.

O modelo de proposición, prego de cláusulas administrativas, proxectos técnicos e demais documentación están ó dispor dos interesados nas oficinas municipais tódolos días hábiles, de 9 a 14 horas. Enderezo concello: rúa Gabino Bugallal, nº 39. Leiro, 32420. Teléfono: 988 48 80 00/988 48 80 83. Fax: 988 48 84 63.

Leiro, 12 de setembro de 2001.

Ramón Ferreiro Chao

Alcalde en funcións