No BOP de Ourense nº 208, do 10 de setembro de 2001, publícase edicto deste concello polo que se anuncia concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia, para a adxudicación da seguinte obra:
Denominación: abastecemento en Berán e Lebosende.
Orzamento de licitación: 9.841.000 pesetas.
Garantía provisional: 196.820 pesetas.
Prazo de execución: 5 meses.
O prazo de presentación de proposicións é de 13 días naturais, contados a partir da publicación deste anuncio.
O modelo de proposición, prego de cláusulas administrativas, proxectos técnicos e demais documentación están ó dispor dos interesados nas oficinas municipais tódolos días hábiles, de 9 a 14 horas. Enderezo concello: rúa Gabino Bugallal, nº 39. Leiro, 32420. Teléfono: 988 48 80 00/988 48 80 83. Fax: 988 48 84 63.
Leiro, 12 de setembro de 2001.
Ramón Ferreiro Chao
Alcalde en funcións