Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial Regueiriño sur SUE-1.

O Pleno do Concello de Lalín, en sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Visto o expediente tramitado para o efecto, tendo en conta os informes técnicos, que figuran naquel, do 17 de xullo de 2001, do 22 de xullo de 2001 e, particularmente, o informe de alegacións do 11 de decembro de 2000, e de conformidade co disposto nos artigos 42 e 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e na demais normativa concordante, o Pleno da Corporación, por maioría absoluta, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan parcial Regueiriño sur SUE-1.

Segundo.-Desestima-las alegacións presentadas polos motivos expostos no devandito informe técnico do 11 de decembro de 2000. Unha copia deste informe unirase a tódalas notificacións deste acordo, entendéndose que forma parte integrante del.

Terceiro.-Ordena-la publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Asemade, deberán publicarse no BOP as ordenanzas reguladoras.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Lalín, 1 de agosto de 2001.

O concelleiro delegado de Urbanismo

Rubricado