Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria do pasado día 30 de xullo, adoptou o acordo de:

1º Aprobar inicialmente o documento de modificación puntual do PXOM nº 3.

2º Someter a información pública o expediente durante un mes. Para estes efectos inseriranse os correspondentes anuncios no taboleiro do concello, no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de difusión provincial.

Na súa consecuencia e para os efectos do artigo 42 da Lei do solo de Galicia, o devandito expediente queda exposto ó público polo prazo dun mes contado a partir da última publicación deste anuncio.

Gondomar, 10 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado