Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO.

Cumprindo o disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública por prazo dun mes contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o Plan parcial de Tras As Torres-Foz, aprobado inicialmente por decreto de alcaldía do 11 de setembro de 2001, para os efectos da presentación durante o citado prazo de cantas alegacións se estimen oportunas.

Igualmente faise público que por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, se suspende por prazo dun ano o procedemento de outorgamento de licencias en todo o ámbito territorial do citado plan parcial.

Foz, 12 de setembro de 2001.

José María García Rivera

Alcalde