Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

Elaborado o documento de revisión e adaptación do PXOM reformado, respecto ó que foi obxecto de aprobación inicial, para introduci-las modificacións derivadas do acordo plenario do 30 de maio de 2000 no que se resolveu sobre as alegacións presentadas no período de transformación pública, así como das modificacións derivadas dos informes sectoriais emitidos e do informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda previsto no artigo 41.3º da Lei do solo de Galicia, e, así mesmo, doutras modificacións derivadas de cambios na normativa aplicable.

Sométese o documento reformado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia, contándose o prazo desde a publicación do último anuncio.

O documento poderá ser examinado no local municipal situado en r/ Domingo Sierra nº 1, baixo, Vilaboa-Rutis.

Culleredo, 12 de setembro de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo