Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión celebrada o 28 de agosto de 2001, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter definitivo unha modificación puntual do PXOU redactada polo arquitecto municipal que ten por obxecto:

a) Modifica-la delimitación da ZV-5, excluíndo dela unha parcela de 449,4 m nas inmediacións da igrexa de Santiago do Burgo e incluíndo outra de 788 m clasificada como solo urbano-ordenanza 6, estremeira coa citada ZV-5 e de titularidade municipal.

b) Cualificar como equipamento relixioso unha parcela de 2.000 m nas inmediacións da igrexa de Santiago do Burgo e establece-la súa ordenación.

A ordenación detallada completarase cun estudio de detalle no que se establecerá o tratamento como espacios libres do solo non ocupado sobre rasante pola edificación así como a súa integración cos existentes no contorno da igrexa.

2. Que se proceda á publicación deste acordo no DOG e no BOP así como a súa comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dándolle traslado de copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do documento aprobado debidamente dilixenciados.

3. Determinar que o anterior acordo é firme en vía administrativa e que pode ser impugnado directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa no prazo e forma previstos na súa lei reguladora.

Culleredo, 4 de setembro de 2001.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde