Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ROIS

DECRETO da Alcaldía.

Eu, Enrique José Tojo Blanco, alcalde-presidente do Concello de Rois, A Coruña,

RESOLVÍN:

En exercicio das competencias conferidas pola lexislación vixente e en virtude do disposto na 11ª das bases da convocatoria, publicadas integramente no BOP nº 47, do 26 de febreiro, e de forma resumida no DOG nº 62, do 28 de marzo, para a provisión dunha praza de técnico de administración xeral, proceder ó nomeamento de José Ángel Sorribas Bustelo, con documento nacional de identidade 33282565-R, único aspirante que superou as correspondentes probas de acordo coa proposta do tribunal.

A persoa nomeada deberá tomar posesión nun prazo máximo de vinte días contados a partir do seguinte a aquel en que se lle notifique o nomeamento.

Dado en Rois o nove de agosto de 2001.

Enrique J. Tojo Blanco

Alcalde

Rafael Martínez Tojo

Secretario