Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para o estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Mondoñedo. (Expediente 69 EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990. do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da devandita lei, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Fergogalicia Vento, S.L., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto parque eólico de Mondoñedo.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Fergogalicia Vento, S.L, Padre Feijóo, 5, 1º, 15004 A Coruña.

Situación: Concello de Mondoñedo (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades U.T.M.):

V(0.627.603,00;4.815.300,00)

V(0.628.400,00;4.815.300,00)

V(0.631.600,00;4.813.250,00)

V(0.631.600,00;4.811.720,00)

V(0.628.000,00;4.809.000,00)

V(0.626.000,00;4.809.000,00)

V(0.626.000,00;4.810.750,00)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 38.

-Potencia nominal unitaria: 1.300 kW.

-Potencia total instalada: 49,4 MW.

-Tipo de aeroxerador: GAMESA/MADE/NEG-MICON/BONUS-BAZAN.

-Producción neta anual estimada: 112.157 MWh/ano.

-Orzamento total: 5.729.520.709 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-38 aeroxeradores tipo GAMESA/MADE/NEG-MICON/BONUS-BAZAN de 1.300 kW de potencia nominal unitaria.

-38 centros de transformación de 1500 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior de torre da aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de energía producida no parque eólico de Mondoñedo, composta por dous transformadores principais 20/132 kV de 25/35 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal unitaria e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afeccións a predios particulares.

Un.-As afeccións incluídas no anexo designadas como: plataforma e subestación implican a superficie de ocupación de pleno dominio dos terreos afectados.

Dous.-A afeccións incluídas como: camiño e serv. elect., implican servidume de paso que leva consigo a construcción de camiños e canalizacións soterradas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

1. Prohibición de efectuar cualquer tipo de obras ou efectuar acto ningún que puidera danar ou prexudicar o bo funcionamento das instalacións.

2. Servidume de paso subterráneo comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas.

3. Dereito de libre paso ou acceso do persoal para manter, renovar ou repara-las instalacións.

Tres. As afeccións incluídas como serv. voo implican servidume de paso, que leva consigo as seguintes limitacións de dominio permanentes:

1. Prohibición de situar obstáculos (construccións, arborados, postes...), ou efectuar plantación de especies arbóreas.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas ó mesmo, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla 70, 27071 Lugo, no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Mondoñedo poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo, e Concello de Mondoñedo, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, intentada a notificación non se puidese realizar.

Lugo, 2 de agosto de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

PropietarioParcelaAfeccións (m)

parcela

Apelidos e nomeEnderezoParaxeCultivoPlatafor.

(1)

Subestación

(1)

Camiño (2)Serv. elect.

(2)

Serv. voo

(3)

1Comunidade de Montes de Estelo e Tronceda (presidente Aquilino Botana González)Estelo, nº 24, Mondoñedo, 27747 LugoToxizaMb+Ma13.88130.9543.47360.444

2Comunidade de Montes de San Martiño de Figueiras (presidente Leonardo Eiroá Rivas)San Martiño de Figueiras, s/n, Mondoñedo, 27749 LugoToxizaMb+Ma37.4195.19393.17014.794151.606