Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, trámite de urxencia, das consultorías e asistencias que se citan.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: impacto ambiental e medidas correctoras das obras inherentes á concentración parcelaria das zonas de: Mundil (Cartelle-Ourense), EIMC-2925; Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense), EIMC-2926; Vilar de Lebres (Trasmiras-Ourense), EIMC-2928; Porqueira II (Porqueira-Ourense), EIMC-2929. Estudio de impacto ambiental da zona de concentración parcelaria de Lois-Monte de Ribadumia (Ribadumia-Pontevedra), IA-2974. Proxecto de concentración parcelaria, acordo e replanteo dos novos predios na zona de Estás-Goián-Figueiró (Tomiño-Pontevedra), PRFA-2975. Proxecto de concentración parcelaria e cinco pontes na zona de Nebra (Porto do Son-A Coruña), PR-2972. Títulos dos novos predios resultantes da concentración parcelaria na zona de Ardemil (Ordes-A Coruña), TP-2973. Proxectos de concentración parcelaria nas zonas de: O Pereiro-As Oiras (Alfoz-Lugo), TP-2908; Maceda-Orois (Melide-A Coruña), PR-2967; Filgueira de Traba (Cesuras-A Coruña), PR-2968; Barbeiros

II-Vilamaior (Ordes-A Coruña), PR-2969; Pezobre (Santiso-A Coruña), PR-2970; Buscas II (Ordes-A Coruña), PR-2971. Levantamentos topográficos das redes de camiños de concentración parcelaria nas zonas de: Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa (Oroso-A Coruña), LC-2963; Boqueixón II-Granxa II (Boqueixón-A Coruña), LC-2964; Villestro II-Figueiras II (Santiago de Compostela-A Coruña), LC-2965; Baio (Zas-A Coruña), LC-2966, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número: 18 asistencias.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

-Mundil (Cartelle-Ourense)-(EIMC-2925), cun orzamento de: 3.040.200 pesetas/18.271,97 A.

-Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense)-(EIMC-2926), cun orzamento de: 4.222.500 pesetas/25.377,74 A.

-Vilar de Lebres (Trasmiras-Ourense)-(EIMC-2928), cun orzamento de: 2.026.800 pesetas/12.181,31 A.

-Porqueira II (Porqueira-Ourense)-(EIMC-2928), cun orzamento de: 2.746.314 pesetas/16.505,68 A.

-Lois-Monte de Ribadumia (Ribadumia-Pontevedra)-(IA-2974), cun orzamento de: 2.346.680 pesetas/14.103,83 A.

-Estás-Goián-Figueiró (Tomiño-Pontevedra)-(PRFA-2975), cun orzamento de: 41.546.526 pesetas/249.699,95 A.

-Nebra (Porto do Son-A Coruña)-(PR-2972), cun orzamento de: 18.334.113 pesetas/110.190,24 A.

-Ardemil (Ordes-A Coruña)-(TP-2973), cun orzamento de: 3.029.978 pesetas/18.210,53 A.

-O Pereiro-As Oiras (Alfoz-Lugo)-(PR-2908), cun orzamento de: 6.734.570 pesetas/40.475,58 A.

Maceda-Orois (Melide-A Coruña)-(PR-2967), cun orzamento de: 7.743.928 pesetas/46.541,94 A.

-Filgueira de Traba (Cesuras-A Coruña)-(PR-2968), cun orzamento de: 7.743.928 pesetas/46.541,94 A.

-Barbeiros II-Vilamaior (Ordes-A Coruña)-(PR-2969), cun orzamento de: 11.698.626 pesetas/70.310,16 A.

-Pezobre (Santiso-A Coruña)-(PR-2970), cun orzamento de: 6.056.149 pesetas/36.398,19 A.

-Bucas II (Ordes-A Coruña)-(PR-2971), cun orzamento de: 11.979.923 pesetas/72.000,79 A.

-Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa (Oroso-A Coruña)-(LC-2963), cun orzamento de: 6.483.520 pesetas/38.966,74 A.

-Boqueixón II-Granxa II (Boqueixón-A Coruña)-(LC-2964), cun orzamento de: 3.513.327 pesetas/21.115,52 A.

-Villestro II-Figueiras II (Santiago de Compostela-A Coruña)-(LC-2965), cun orzamento de: 6.025.229 pesetas/36.212,36 A.

-Baio (Zas-A Coruña)-(LC-2966), cun orzamento de: 2.662.006 pesetas/15.998,98 A.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación de cada asistencia.

Definitiva: o 4 % do orzamento de adxudicación de cada asistencia.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 68.

e) Telefax: 981 54 57 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería o sétimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria