Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica Silleda, S.L.
Domicilio social: avda. Parque, 15, 36540 Silleda.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Portodabalde.
Situación: Silleda.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 420 m de lonxitude, con conductor LA-30, sobre apoios metálicos, desde a L.M.T. Silleda-Parada ata o C.T. que se proxecta en Portodabalde, no concello de Silleda. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 715 m de lonxitude, con conductor R.Z., sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 24 de xullo de 2001.
P.D. (Resolución 20-7-2001)
Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra