Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/259-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica Silleda, S.L.

Domicilio social: avda. Parque, 15, 36540 Silleda.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Santa Mariña-Graba.

Situación: Silleda.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 370 m de lonxitude, con conductor LA-30, sobre apoios metálicos e de formigón, desde a L.M.T. Silleda-Graba ata o C.T. que se proxecta en Santa Mariña-Graba, no concello de Silleda. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 320 m de lonxitude, con conductor R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 24 de xullo de 2001.

P.D. (Resolución 20-7-2001)

Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra