Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.401

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de xullo de 2001 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 326/1996, do 18 de abril, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Advertido erro no texto da resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 167, do mércores, 29 de agosto de 2001, transcríbese a continuación a oportuna corrección de todo o texto publicado:

Nas páxinas 11.538 e 11.539:

Onde di: «Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia... no artigo 30.1º c) da Lei de costas», debe dicir: «No recurso contencioso-administrativo seguido ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia co número 02/4827/1994, interposto por Eduardo Canabal Sanz contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición interposto contra a resolución do Consello da Xunta de Galicia de data 29 de abril de 1993 (DOG do 10 de maio) pola que se aproba o proxecto de readaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo á Lei de adaptación da do solo a Galicia, en canto afecta os terreos incluídos e delimitados na unidade de actuación Punta Pinos e Porto, dictouse sentencia nº 326/1996, do 18 de abril, da que a súa parte dispositiva literalmente di:

«Decidimos: que debemos estimar e estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Eduardo Canabal Sanz contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición deducido contra resolución do Consello da Xunta de Galicia de data 29 de abril de 1993, pola que se aproba o Proxecto de Readaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo á Lei de adaptación da do solo a Galicia, en canto afecta os terreos incluídos e delimitados na unidade de actuación Punta Pinos e Porto; anulamos parcialmente a dita resolución por ser contraria a dereito, debéndose dar cumprimento ás reservas de aparcamento previstas no artigo 30.1º c) da Lei de costas».

Contra a dita sentencia foi interposto recurso de casación nº 7047/1996 resolto pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo mediante sentencia do 21-5-2001, que declarou non proceder en dereito o dito recurso, polo que a sentencia contra a que se recorreu devén firme.

Esta consellería resolve, de conformidade co establecido polos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, que, declarada a súa firmeza,

se publique a parte dispositiva da sentencia 326/1999, do 18 de abril, e que se cumpra nos seus propios termos.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2001.