Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: execución das obras do proxecto de abastecemento de auga a Francos e Xueus.

Orzamento: 6.401.323 pesetas.

Prazo de execución: 2 meses a partir da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional: 128.026 pesetas.

Fianza definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

Información: na secretaría do concello.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, en horas de oficina, no prazo de vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou BOP.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Outeiro de Rei, 10 de agosto de 2001.

José Pardo Lombao

Alcalde