Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello, na súa sesión do 3 de agosto de 2001, aprobou o documento refundido do proxecto de urbanización do polígono B do solo urbanizable non programado número 6 (SUNP-6) de San Lázaro, promovido pola xunta de compensación do polígono.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo