Na Comisión de Goberno de data 9 de agosto de 2001, aprobouse o prego articulado de condicións técnicas, xurídicas e económicas que rexerá no concurso público para a construcción e explotación dun estacionamento para vehículos no contorno da antiga prisión provincial, e publícase o anuncio da dita contratación.
1. Entidade adxudicadora:
1.1. Organismo: Concello de Ourense.
1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructuras, negociado de vías.
1.3. Número de expediente: 831/2001.
2. Obxecto do contrato:
2.1. Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto, para o establecemento dunha concesión administrativa para o uso privativo do subsolo coa construcción e explotación dun estacionamento público para vehículos no contorno da antiga prisión provincial.
2.2. Duración da concesión: o prazo máximo da concesión será de 50 anos, contados a partir da data de recepción das obras.
3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Trámite: ordinario.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso.
4. Canon:
4.1. O concursante ofrecerá na súa proposición o canon anual que lle aboará ó concello.
5. Fianzas:
5.1. Provisional: 3.000.000 de pesetas (18.030,36 euros).
5.2. Definitiva: correspondente ó 4% do orzamento das obras e por concesión 3.000.000 de pesetas (18.030,36 euros).
6. Obtención da documentación e información:
6.1. Entidade: área de infraestructuras, negociado de vías.
6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.
6.3. Localidade e código postal: 32005 Ourense.
6.4. Teléfono: 988 38 81 33.
7. Requisitos:
7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e que acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e
non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.
7.2. Clasificación do contratista:
Grupo A; subgrupo 1; categoría e.
Grupo C; subgrupos 2, 6 e 7; categoría e.
Grupo E; subgrupo 1; categoría e.
Grupo G; subgrupos 3 e 6; categoría e.
Grupo I; subgrupos 1 e 9; categoría e.
Grupo J; subgrupo 2; categoría e.
Grupo K; subgrupos 6 e 9; categoría e.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
8.1. Prazo de presentación de proposicións: 30 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOE, DOG ou BOP, de 9 a 13 horas.
8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 11 do prego de condicións.
8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1.
8.4. Localidade: Ourense.
8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas:
9.1. Entidade: Concello de Ourense.
9.2. Enderezo: praza Maior, 1.
9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.
10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso.
11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.
Ourense, 13 de agosto de 2001.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde