Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2001 pola que se anuncia concurso público para a construcción e explotación dun estacionamento para vehículos na rúa Coruña, tramo entre rúa Galicia e Nosa Señora da Saínza.

Na Comisión de Goberno de data 9 de agosto de 2001, aprobouse o prego articulado de condicións técnicas, xurídicas e económicas que rexerá no concurso público para a construcción e explotación dun estacionamento para vehículos na rúa Coruña, tramo entre r/ Galicia e Nosa Sra. da Saínza, e publícase o anuncio da dita contratación.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructuras, negociado de vías.

1.3. Número de expediente: 810/2001.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto, para o establecemento dunha concesión administrativa para o uso privativo do subsolo coa construcción dun aparcadoiro subterráneo e a posterior xestión do aparcadoiro do servicio de estacionamento público para vehículos na rúa Coruña, tramo entre r/ Galicia e Nosa Sra. da Saínza.

2.2. Duración da concesión: o prazo máximo da concesión será de 50 anos, contados a partir da data de recepción das obras.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Trámite: ordinario.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Canon:

4.1. O concursante ofrecerá na súa proposición o canon anual que lle aboará ó concello.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 3.000.000 de pesetas (18.030,36 euros).

5.2. Definitiva: correspondente ó 4% do orzamento das obras e por concesión 3.000.000 de pesetas (18.030,36 euros).

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: área de infraestructuras, negociado de vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: 32005 Ourense.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e que acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

7.2. Clasificación do contratista:

Grupo A; subgrupo 1; categoría e.

Grupo C; subgrupos 2, 6 e 7; categoría e.

Grupo E; subgrupo 1; categoría e.

Grupo G; subgrupos 3 e 6; categoría e.

Grupo I; subgrupos 1 e 9; categoría e.

Grupo J; subgrupo 2; categoría e.

Grupo K; subgrupos 6 e 9; categoría e.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 30 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOE, DOG ou BOP, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 11 do prego de condicións.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 13 de agosto de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde