Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por poxa das obras que a seguir se relacionan, das que se solicitou a súa inclusión no programa de financiamento de danos por temporais 2001:

1ª Reparación do firme en Pousadoira-Lema e outros: orzamento: 57.058.010 pesetas, IVE incluído (342.925,55 euros).

2ª Reparación do firme en rúa Lendoiro e outros: orzamento: 60.210.656 pesetas, IVE incluído, (361.873,33 euros).

Os anuncios de licitación publicáronse no BOP nº 208, do 10 de setembro, do ano en que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días, de conformidade co establecido no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de trece días naturais a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 11 de setembro de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde