Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

APROBACIÓN definitiva do Plan parcial do sector J das normas subsidiarias.

O Pleno Municipal, na sesión do día da data, acordou aprobar definitivamente o Plan parcial do sector J das normas subsidiarias trala regulamentaria tramitación.

O que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 70.2º da Lei 7/1985, 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e 6 e 8.d da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da Xunta de Galicia.

Contra este acordo pode interpoñerse potestativamente o recurso de reposición ante o Pleno municipal, no prazo de 1 mes, como trámite previo ó contencioso administrativo, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, todo isto de conformidade co disposto nos artigos 52 da Lei 7/1985, 116 e 117 da Lei 4/1999 e 46 da Lei 29/1998, así como lexislación concordante.

Esta publicación cumprimenta tamén os requisitos e esixencias previstas no artigo 59 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Barbadás, 8 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado