Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión do día 5 de setembro de 2001, acordou aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ames, quedando exposto ó público por prazo dun mes a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

A documentación estará nas dependencias municipais e na Casa da Cultura de Bertamiráns os vinte primeiros días do período de exposición onde persoal do equipo redactor do PXOU dará as informacións que os interesados demanden. Nos últimos dez días esta última documentación estará exposta ó público na biblioteca do Milladoiro onde tamén estará persoal do equipo redactor.

Na copistería Copy Estudio, S.L. situada na Rúa Nova de Abaixo nº 19-21, local 2 en Santiago de

Compostela, haberá un exemplar da documentación para que os interesados poidan sacar copias dos documentos que dexesen.

O que se fai público de acordo co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ames, 6 de setembro de 2001.

O alcalde

Rubricado