Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

No BOP número 196 correspondente ó día 27 de agosto de 2001 aparecen publicadas integramente as bases da convocatoria para cubrir, en propiedade polo sistema de oposición libre, tres prazas de auxiliar administrativo, encadradas na escala de administración xeral, subescala auxiliar.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria faranse públicos, unicamente, cando proceda en cada caso, no BOP da Coruña, e no taboleiro de edictos do Concello de Ames.

Ames, 31 de agosto de 2001.

Alcalde

Rubricado