Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de contratación da obra mediante concurso con procedemento aberto.

Obxecto.

É a contratación pro concurso con procedemento aberto da obra municipal que se indica a seguir:

Obra: nave de servicios no polígono industrial da Xunqueira.

Orzamento: 15.184.400 pesetas.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Pregos e proxectos.

Rexerá o prego de cláusulas administrativas particulares que consta no expediente, podendo ser examinado conxuntamente co proxecto na secretaría do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

Presentación de proposicións.

No Rexistro Xeral de Entrada de documentos do concello, en horas de nove a trece, dentro do prazo dos vinteseis días naturais seguintes, contados desde o día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en tres sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación esixida na cláusula III.2. do prego de condicións.

Apertura de proposicións.

En acto público, ás 18 horas do primeiro mércores hábil seguinte á data en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

«Don... con DNI número... natural de... provincia de... maior de idade e con domicilio en... rúa... teléfono... actuando en nome (propio ou da empresa a que represente), manifesta que é coñecedor do anuncio publicado no BOP ou Diario Oficial de Galicia, de data... conforme con tódolos requisitos e condicións que se esixen para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o contrato de... e do prego de cláusulas administrativas, prego de prescricións técnicas, proxecto de obras e proxecto de seguridade e saúde que rexerá o dito concurso e na representación que representa, comprométese a asumi-lo cumprimento do citado contrato polo prezo alzado de... pesetas.

Lugar, data e sinatura do propoñente».

Modelo de sobre.

«Proposición para tomar parte na contratación das obras de nave de servicios no polígono industrial da Xunqueira, presentada por...

En... ... de... de 2001.

Os gastos derivados do presente anuncio serán por conta do adxudicatario».

Cedeira, 10 de agosto de 2001.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente