Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2001 pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Norcontrol, S.A., con domicilio na avenida Marqués de Ombreiro, número 69 baixo, 27004 Lugo.

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e a proposta da Dirección Técnica de Construccións e co informe favorable do servicio de calidade na edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3º.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta dirección xeral

RESOLVE:

Cancelar, por cambio de domicilio, a inscrición no Rexistro de Acreditación de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Norcontrol, S.A. con domicilio na rúa Túnel de Oural, nº 11 baixo, 27003 Lugo e concede-la acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a Norcontrol, S.A. con domicilio na avda. Marqués de Ombreiro, nº 69 baixo 27004 Lugo, polo prazo e condicións a que se refire

o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

-HF, área de control de formigón fresco co número 15031HF01.

Este laboratorio e a súa acreditación considérase dependente do laboratorio Norcontrol inscrito co número 15050HA95.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2001.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo