Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do procedemento negociado 172/2001.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do RDL 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, esta dirección xerencia acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

Número de expediente: 172/2001.

2. Obxeto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de consultoría e asistencias e de servicios.

Descrición do obxecto: mantemento e asistencia técnica do sistema de transmisión de datos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: restrinxido.

Forma: procedemento negociado.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 21.610.008 pesetas (129.878,76 euros).

5. Adxudicación.

Data: 12 de xullo de 2001.

Alcatel e-Business Distribut., S.A. 21.610.008 pesetas (129.878,76 euros).

Orzamento total: 21.610.008 pesetas (129.878,76 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 10 de agosto de 2001.

Teresa Araguas Álvarez

Directora xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña