Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 6 de agosto de 2001, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre as axudas para situacións de emerxencia social relacionadas no anexo.

No uso da competencia que atribúe a esta delegación provincial a Lei 9/1991, do 2 de outubro, modificada parcialmente pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro, galega de medidas básicas para a inserción social (Diario

Oficial de Galicia nº 191, do 3 de outubro de 1991 e Diario Oficial de Galicia nº 36, do 22 de febreiro de 1999), e en virtude do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 4/1999 do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ó serén devoltas polo servicio de correos as notificacións enviadas no seu día, requíreselles ás persoas citadas no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguin

te ó da data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, na Delegación Provincial de Pontevedra, Área de Servicios Sociais, Servicio de Prestacións (r/ Cánovas del Castillo, s/n, Vigo), para teren coñecemento do contido daquelas, advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificadas cos efectos que correspondan.

Pontevedra, 6 de agosto de 2001.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoDNIResoluciónCausaFundamento de dereitoObservacións

Constantino Alonso Lemos36003697Denegación dunha axuda para situacións de emerxencia socialArtigo 42.1º da Lei 1/1999, do 5 de febreiro, que modifica parcialmente á Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social e demais normativa de desenvolvemento

Irene Gabarri Jiménez36125620Concesión dunha axuda para situacións de emerxencia social polo concepto de necesidades primarias e denegación polo concepto de uso da vivenda habitual.Artigo 41.1º da Lei 1/1999, do 5 de febreiro, que modifica parcialmente á Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social, e demais normativa de desenvolvemento