Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.347

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 207/2001, do 27 de agosto, polo que se desafectan do dominio público diversos inmobles das antigas cámaras agrarias locais de Mañón, Paderne, Baralla, Cospeito, Vilar de Barrio e Ribadumia.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu punto tres establece que: «o Consello da Xunta, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes».

Tendo en conta as solicitudes de cesión de uso presentadas, así como os informes favorables da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 21 de xuño de 1996, 26 de outubro de 1998, 25 de outubro de 2000 e 17 de abril, 15 e 29 de xuño de 2001, foi tramitado pola Consellería de Economía e Facenda, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, expediente de desafectación do dominio público de varios inmobles.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deli

beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de agosto de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a continuación:

1. Edificio de planta baixa de 49 m aproximadamente, construído sobre un soar de 130 m, no lugar de Campolongo ou do Transformador, situado na parroquia de Adragonte, municipio de Paderne. Estrema: norte, en liña de 11,5 m, predio de onde se segrega; sur, en liña de 7,5 m, camiño e transformador da luz; leste, en liña de 11,5 m, predio do que se segrega; e oeste, en liña de 13,7 m, con Germán Cal Lorenzo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.452, libro 118, folio 118, predio nº 10.134A, inscrición 4ª.

2. Construcción dedicada a centro de inseminación artificial que ocupa a totalidade do seu soar de 28 m aproximadamente, no lugar da Fonte ou Borreiros, situado na parroquia de Souto, municipio de Paderne. Estrema: norte, resto do predio matriz; sur, en liña de 3,5 m, camiño de carro; leste, comarón e prado de José Gabín, regato no medio; e oeste, resto do predio matriz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.452, libro 118, folio 120, predio nº 10.135A, inscrición 4ª.

3. Edificio formado por baixo, primeiro e faiado, cunha superficie total construída de 183 m, que se asenta sobre un predio de 175 m, ó que lle chamaban Chao das Lamelas, hoxe praza do Mesón nº 8, parroquia de Mogor, municipio de Mañón (A Coruña). Estrema: norte, camiño, hoxe praza; sur, herdeiros de Antonio Castaño, hoxe Claudio Rivera Casal; leste, camiño; e oeste, Carmen Montenegro, hoxe Arsenio Álvarez González.

4. Edificio de planta baixa e alta, que ten unha superficie total construída de 208 m, que ocupa a totalidade do soar sobre o que se enclava que segundo recentes medicións ten unha cabida de 104 m, situado actualmente na rúa Irmáns Díaz Moreno nº 8, da vila e termo municipal de Baralla (Lugo). Estrema hoxe: norte, Agro de Fabeiro e casa de Ángel Álvarez López; sur, Concello de Baralla (Casa Socio-Cultural e Xuvenil); leste, Mª Cruz Fernández Fernández, antes Concello de Baralla; e oeste, rúa Irmáns Díaz Moreno.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Becerreá no tomo 430, libro 84, folio 163, predio nº 5.109, inscrición 4ª.

5. Edificio de planta baixa, dous andares e faiado, de 200, 159, 159 e 83 m por planta respectivamente, o que fai un total de 601 m construídos sobre unha parcela de terreo de 273 m, situado actualmente na avenida do Xeneralísimo, parroquia de Santa Cristina, municipio de Cospeito (Lugo). Estrema: norte e sur, en liña de 21 m co predio do que se segrega; leste, liña de trece metros con estrada de

Rábade e Moncelos; e oeste, en liña igual á anterior, con camiño público que da Feira do Monte conduce ó Agro de Ardilleiros.

6. Edificio de planta baixa, que ocupa a totalidade do soar de 100 m sobre o que se asenta, no sitio ó que lle chaman Solares del Toral, hoxe avenida San Fiz, nº 51, municipio de Vilar de Barrio (Ourense). Estrema o conxunto: norte, predio matriz, terreo municipal; sur, predio matriz, hoxe Eloy Dacal Janeiro; leste, estrada de Vilar de Barrio ós Milagros, hoxe avda. San Fiz; e oeste, predio matriz, hoxe monte comunal.

7. Predio situado no lugar de Escusa, nº 11, hoxe nº 25, da parroquia e municipio de Ribadumia, que ten unha superficie total duns 500 m e sobre o que existen dúas edificacións de planta baixa, unha que ten fronte a estrada de Caldas de Reis que mide 181 m, e outra cara o oeste da parcela de 99 m. Este predio correspóndese cunha zona excluída do proceso de concentración parcelaria da parroquia de Ribadumia, quedando actualmente cos seguintes lindeiros: norte e oeste, parcela nº 743, masa sobrante de concentración parcelaria; sur, parcela sobrante de concentración nº 743 e parcela nº 742 adxudicada a Manuel Núñez Pintos; e leste ou fronte, coa estrada de Noalla a Caldas de Reis.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Cambados no tomo 1.025, libro 75, folio 167, predio nº 9.996, inscrición 1ª.

Artigo 2º

Os inmobles anteriormente descritos adquiren natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, vintesete de agosto de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda