Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Anuncio de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento sobre erro de grafado no quinteiro entre as rúas Méndez Núñez e travesía Victoria en Portonovo.

A Corporación Municipal deste concello, en sesión do trinta e un de xullo de dous mil un, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio, sobre erro de grafado no quinteiro entre as rúas Méndez Núñez e travesía Victoria en Portonovo.

Exponse o expediente á información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.

Sanxenxo, 10 de agosto de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde