Anuncio de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de construcción por enriba da altura máxima permitida.
A Corporación Municipal deste concello, en sesión do trinta e un de xullo de dous mil un, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio, relativo á construcción por enriba da altura máxima permitida.
Exponse o expediente á información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.
Sanxenxo, 10 de agosto de 2001.
Telmo Martín González
Alcalde