Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

INFORMACIÓN pública.

O Pleno do Concello, en sesión do 30 de xullo de 2001, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento, sector 02, solo urbanizable industrial de Pena Porreira.

Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia o expediente, que se somete a información pública, estará de manifesto na secretaría do concello á disposición dos interesados.

A suspensión automática do outorgamento de licencias para tódolos usos e obras incompatibles coa ordenación proxectada (artigo 34.2º da LSG) limítase ás que no proxecto se definen e delimitan para ampliación do sector 02-A (solo urbanizable industrial).

As Pontes de García Rodríguez, 2 de agosto de 2001.

Francisco E. Guerreiro Rodríguez

Alcalde en funcións