Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PALAS DE REI

ANUNCIO de licitación.

Aprobado por resolución da alcaldía en data 16 de agosto do 2001 o prego de condicións económico-administrativas que rexerá a contratación por procedemento aberto, mediante concurso e tramitación urxente das obras de accesos en San Vicente de Ulloa e Laia, expóñense ó público por prazo de oito días naturais, seguinte á publicación deste anuncio no DOG ou BOP.

Simultaneamente, anúnciase a licitación, se ben esta aprazarase no suposto de presentarse reclamación contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Palas de Rei.

b) Dependencia que tramite o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: accesos en San Vicente de Ulloa e Laia.

b) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.250.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se precisa.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Palas de Rei (Lugo).

b) Domicilio: avda. de Compostela, 28.

c) Localidade e código postal: Palas de Rei, 27200.

d) Teléfono: 982 38 00 01.

e) Telefax: 982 37 40 15.

f) Data límite de obtención de documentos e información: día anterior hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se precisa.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece días naturais desde o seguinte á derradeira publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou BOP.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Palas de Rei, de 9 a 14 horas. Admítense proposta presentadas por correo, dentro do medio prazo, pero o empresario deberá xustifica-la data da imposición do envío na oficina de correos, anunciando ó Concello de Palas de Rei á remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama no mesmo prazo.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: 2 meses.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Palas de Rei.

b) Data: o quinto día hábil, seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outra información: servicio de contratación do Concello de Palas de Rei.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

Palas de Rei, 16 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado