Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e a través de contrato de consultoría e asistencia, a seguinte asistencia técnica:

Obxecto: atención do servicio telefónico de información ó veciño.

Orzamento de licitación: 6.790.000 pesetas (40.808,72 euros), co IVE.

Fianzas: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Prazo de duración do contrato: un ano, prorrogable ata un máximo de tres.

Prazo de presentación de ofertas: o prazo de presentación de ofertas será de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no Diario Oficial de Galicia; finalizando ás 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 26 de xullo de 2001.

A alcaldesa

Rubricado