Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, pola Comisión de Goberno deste concello, o prego de cláusulas-administrativas que rexerá na contratación do servicio de limpeza do Centro Público Integrado Doutor Daniel Monje, queda exposto ó público polo prazo de oito días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no BOP de Lugo.

Ó mesmo tempo, de conformidade co permitido no artigo 122 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, publícase o anuncio de licitación, se ben esta quedará aprazada no caso de que se presenten reclamacións en contra do prego de cláusulas-administrativas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Navia de Suarna.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza do Centro Público Integrado Doutor Daniel Monje.

b) Lugar de execución: A Proba de Navia de Suarna.

c) Duración do contrato: dous anos.

3. Tramitacion: ordinaria; procedemento: aberto; forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.500.000 pesetas (27.045,54 euros) anuais, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 90.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Navia de Suarna. Domicilio: praza de España, nº 1. Localidade e código postal: A Proba de Navia de Suarna, 27650. Teléfono: 982 36 51 66. Fax: 982 36 51 12. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe; outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza publicado (DOG ou BOP de Lugo). Se o último día fose sábado ou inhábil, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 16 do prego de cláusulas económico-administrativas.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Entrada do Concello de Navia de Suarna en horas de 9 a 14; A Proba de Navia de Suarna, 27650.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: Concello de Navia de Suarna.

Domicilio: praza de España, nº 1.

Localidade: Navia de Suarna.

Data e hora: noveno día natural seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas. De coincidir con sábado ou inhábil, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Outras informacións: ver prego de cláusulas económico-administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do contratista.

Navia de Suarna, 14 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado