Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número: 4/2001.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de abastecemento de auga, saneamento e pavimentación de vías para ampliación do polígono industrial Monte Afieiras.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

4. Orzamento base de licitación: 15.184.400 pesetas (91.260,08 euros).

5. Garantía provisional: 303.688 pesetas. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de trece días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidiese en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase de acordo co seguinte modelo:

D/Dª....., con DNI nº....., expedido en....., con data....., en nome propio (ou en representación de....., como acreditar por.....), informado da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia nº....., de data....., toma parte comprometéndose a realiza-la obra de abastecemento de auga, saneamento e pavimentación de vías para ampliación do polígono industrial Monte Afieiras, no prezo de....., (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo de con

trata e o importe do imposto sobre o valor engadido, de acordo co proxecto técnico e prego de cláusulas administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura.

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 12 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Moraña, 8 de setembro de 2001.

José A. Eiras Paz

Alcalde