Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.276

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2001, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Por orde da Consellería de Sanidade e Servicios Socias do 14 de setembro de 2001 disponse que o secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Servicios Sociais.

A necesidade de axilizar no posible todos aqueles asuntos que non esixan unha atención directa e persoal do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais aconsella que este delegue no subdirector xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais da Dirección Xeral de Servicios Socias determinadas funcións, co que se conseguirá unha maior eficacia, o que sen dúbida repercutirá beneficiosamente no funcionamento da Administración autonómica.

Na súa virtude, e segundo o disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro,

RESOLVO:

Primeiro.-Deléganse no subdirector xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais da Dirección Xeral de Servicios Sociais as seguintes atribucións:

a) Ordenación, coordinación e planificación do sistema de servicios sociais, autorización e acreditación, control e inspección dos centros e servicios, o estudio das necesidades e problemáticas sociais, así como participar no deseño e aplicación dun sistema de información estatística e o asesoramento e a asistencia técnica ás entidades prestadoras de servicios sociais.

b) Así mesmo, a creación e xestión dos equipamentos e programas que asuma a Administración autonómica, a xestión das prestacións e axudas establecidas, o fomento e a regulación do voluntariado social, así como calquera outra competencia que lle sexa atribuída pola normativa vixente no eido dos servicios sociais.

Segundo.-As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas nesta resolución farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas polo órgano delegante.

Terceiro.-Esta resolución será de aplicación desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2001.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais